Non queremos Monster Boats nos Océanos! Asina por un mar limpo e vivo.

Hoxe en Greenpeace dan un paso máis na campaña por unha pesca sustentable co lanzamento do informe Monster boats, unha lacra para os océanos. Neste informe inclúense os nomes de 20 dos barcos máis grandes e destrutivos de Europa, 20 exemplos de xigantes da mar que contribúen en gran medida á sobrepesca a nivel global. Na lista atópanse 5 barcos con bandeira española. http://bit.ly/1ztwgoj


Pero que é un monster boat? E por que lanza Greenpeace esta lista?

Imaxínate un barco de pesca de gran tamaño que utiliza métodos de pesca destrutivos co medio mariño ou que xera moitos descartes. Ademais algúns Monster boats pertencen a empresas con casos de pesca ilegal ás súas costas e que teñen políticas agresivas de expansión da súa frota polos océanos de todo o mundo.

Os impactos que xeran estes barcos tamén son de índole social, e as comunidades costeiras dos países onde faenan reséntense da actividade destes barcos que poden pescar nun día o que decenas de barcos artesanais capturan nun ano.

Con todo, os Monster boats e as empresas que están detrás deles gozan de privilexios outorgados polos gobernos, como as altas subvencións públicas que reciben desde hai anos para que leven a cabo a súa devastadora actividade, ou o acaparamiento masivo das cotas de pesca.

Asina por un modelo de pesca sustentable libre de Monster boats na seguinte ligazón:

http://www.greenpeace.org/espana/es/Trabajamos-en/Defensa-de-los-oceanos/pescasostenible/

Podes ler o artigo enteiro en:

http://www.greenpeace.org/espana/es/Blog/monster-boats-barcos-devastadores-en-ocanos-a/blog/51196/

{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.