Denuncia de verquidos fecais na praia de Sabón

Esta semana recibimos a denuncia de graves verquidos de augas fecais o pasado domingo na praia de Sabón grazas ao aviso de José Manuel Varela. Segundo nos comenta entrou ás 7:30 a surfear neste spot e nun rato comezou a sentir un fedor terrible como de cloacas e de súpeto atopouse remando nun mar de "merda". Dende a nosa web queremos axudar a darvos a coñecer esta situación moi perigosa xa que unha infección deste tipo pode acarrear consecuencias graves para a saude ou incluso a morte.

José tamén avisa dunha situación similar en Barrañán cada vez que chove. Pode ser que varios veciños aproveiten pra baleirar a fosa séptica cando o chove pero isto non se pode tolerar. A saúde das nosas praias é moi importante xa que nos afecta directamente e neste caso o Concello de Arteixo non está a facer ben o seu traballo.

{fcomment}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.