Asina en Change.org pra salvar Mundaka

Change.org - Xa comezou o dragado de Mundaka. As obras de 40.000 metros cúbicos de area da zona do porto para a súa posterior vertedura na praia de Laida, en Ibarrangelu, xa ameazan unha das mellores ondas do mundo. Onte xa se puido ver unha escavadora e un camión dentro da ría e removendo a area a escasos metros da beira cando se anunciou que as obras se realizarían a máis de 100 metros da auga. Vídeo gravado por Ibon Garmendia

Costas autorizou de urxencia hai unhas semanas o dragado de 40.000 metros cúbicos de area da zona do porto de Mundaka, un arado experimental dos fondos en bajamar para soltar o sedimento, e a vertedura de toda esta area na zona intermareal de Laida, todo isto coa intención de rexenerar a praia.

Hai que lembrar que unha actuación parecida provocou a desaparición en 2003 da onda de Mundaka. Foi a maior nos últimos 30 anos: 287.000 metros cúbicos de area e lodo, o 85% deles depositados na praia de Laida. Despois de diversos estudos concluíuse que o principal factor da desaparición da onda foi o depósito desa gran cantidade de area en Laida, xa que taponou a canle natural da ría e fixo que se formase unha nova canle pegada á praia.

Agora, a mellor esquerda volve estar en perigo. É increible que non lles importe facer desaparecer unha das mellores ondas do mundo. É unha insignia do noso surf, unha beleza da nosa costa, un accidente da natureza polo que estar orgulloso. Por iso, é necesario que paren o dragado de Mundaka.

Salvemos Mundaka, é única.

Asina a petición en:

https://www.change.org/p/ayuntamiento-de-mundaka-eusko-jaurlaritza-turismo-costa-vasca-paren-el-dragado-de-mundaka?just_created=true

Ilustración de @Elohand

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.