Verdegaia e Ecoloxistas en Acción chaman a atención no informe "Bandeiras Negras 2011" sobre algunhas das principais agresións locais á costa galega, que está lonxe de gozar dunha protección efectiva:
- Crecemento urbanístico na costa de Fisterra (Costa da Morte) e de Barreiros (A Mariña).
- Centro comercial "A Laxe" no Porto de Vigo.
- Verteduras de augas residuais ás rías de Vigo (depuradora do Lagares) e do Burgo.
- Contaminación da ría de Pontevedra polo complexo industrial ENCE-ELNOSA.
- Recheos ilegais no porto de Marín.
- Porto exterior de A Coruña.
- Diversos proxectos de "rexeneración e mellora ambiental" da Demarcación de Costas do Ministerio de Medio Ambiente e do Medio Rural e Mariño, como os das praias do Orzán e Riazor (A Coruña) e de Barraña (Boiro).
Ecoloxistas en Acción presentou o informe "Banderas Negras 2011. Esto es una barbaridad", no que se realiza unha análise das causas primordiais da degradación das costas españolas e se identifican os principais lugares desa deterioración. A destrución das costas españolas ten como referencias esenciais a colmatación urbanística, as verteduras orgánicas e industriais, os portos e as obras en costas e rexeneracións de praias. Verdegaia colaborou na elaboración da parte do informe referida a Galicia.
Artigo completo en:
http://www.verdegaia.org/content/view/1322/1/