Desde SurfGz.com queremos publicar a primeira noticia do 2012 cunha boa nova para a defensa da costa de Muros e Noia xa que as Direccións Xerais de Medioambiente e de Asuntos Marítimos da Comisión Europea veñen de contestar ao informe presentado contra da colocación das gaiolas de salmón nas augas da ría.
Estas gaiolas son un foco de enfermidades para a fauna galega. Os salmons estás cheos de antibióticos pra lles curar as feridas nos seus lombos polas rozaduras e están a contaminar unha das rías galegas máis fermosas pra que catro empresarios fagan escuros negocios co beneplácito da Xunta e os seus conselleiros.
A limpeza das Rías Galegas e da costa é de grande interese para a comunidade surfeira xa que nós, como usuarios das praias, estamos en contacto coa contaminación e temos que axudar a reducila.
Barco de Greenpeace denunciando as gaiolas de salmón en Galiza - Foto: quepasanacosta.com
Tedes máis información sobre as gaiolas e o informe en:
http://www.quepasanacosta.com/?p=11973