Na noite do día 13 cumpriuse un ano dende que a CEMMA recibiu o primeiro aviso da presenza de GASPAR nas nosas costas, daquela foi localizado no porto de Cangas e días despois en Riveira.
Desta volta o Gaspar está de viaxe polo norte. A principios de decembro visitou Malpica e depois parou varios días no mesmo porto da Coruña, visitando a dársena e o Parrote, o sábado día 6 de decembro foi o último día que foi observado por alí.
Días despois foi localizado no porto de Cudillero, en Asturias, onde chegou de madrigada e pasou un par de días a semana do 8 ao 12.
Neses días houbo un forte temporal, chegando o frío e as neves. O Gaspar refuxiouse no porto de Burela na mañá do sábado día 13.
Feliz aniversario de estancia para GASPAR.