ADEGA convoca de novo a tódalas entidades interesadas a unirse neste evento contra a contaminación mariña. As limpezas poderán celebrarse os días 5, 6, e 7 de xuño coincidindo coa celebración do Día Mundial dos Océanos. Centros de ensino, escolas de surf, centros de mergullo, clubes de piragüismo, vela, pescadores, asociacións de todo tipo, concellos ou grupos de particulares están chamados a limpar as praias e denunciar esta problemática ambiental. Se queres participar contacta con
O lixo mariño é un dos graves problemas ambientais aos que se enfronta o planeta, as principais causas son: a insostibilidade dos modelos de consumo e produción da nosa sociedade, as malas estratexias na xestión dos nosos residuos e a falta de sensibilización da poboación. Todo iso fai que cada ano 10 millóns de toneladas de lixo rematen nos océanos. Moito deste lixo provén da industria do mar (pesca, extraccións...), pero unha grande parte chega a través dos ríos, debido a unha mala xestión en terra.
Se estás interesad@ en participar cantacta con nós:
Mapa Limpezas: http://buff.ly/1BqUPty
Máis info sobre as limpezas: http://buff.ly/1BqURBG
Tedes a noticia enteira e máis info sobre esta accón en:
http://adega.gal/web/axenda.php?id=244&idioma=gl&sec=12
{fcomments}