Marcha contra Celulosas - 20 de Xuño

O vindeiro sábado 20 de Xuño ás sete e media da tarde podedes participar na marcha anual en contra da presenza de ENCE na Ría de Pontevedra. Esta fábrica levantada en tempos do franquismo escarallou o millor banco marisqueiro da Ría e dende hai 50 anos contamina os fondos do mar con chumbo e mercurio. Participa na marcha organizada pola Asociación pola defensa da Ría e defende o noso mar.

Tedes + info na web oficial: www.apdr.info

e tamén no Facebook do evento: https://www.facebook.com/events/832170880208358

Nova relacionada: http://adega.gal/web/axenda.php?id=253&idioma=gl&sec=13

A RÍA É NOSA E NON DA CELULOSA!


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.