Manifa surfeira en Barcelona

Os surfeiros de Barcelona andan berrando nas rúas en contra da destrucción do seu litoral e dos espigóns pra facer praias de xoguete na que os turistas poidan queimar o seu lombo os meses de verán. Xa está ben de foder as praias! Dende SurfGZ apoiamos esta loita ecoloxista.

As praias de Barcelona quedan sen ondas. Ou polo menos iso é o que afirmaban os case cen surfeiros que onte se manifestaron na praia da Barceloneta para reclamar á Administración que deixe de pór diques nas praias catalás. Os espigóns perseguen a finalidade de impedir a perda de area que cada ano obriga a refacer as praias, co gran custo económico que iso representa. Pero estas obras non son do agrado de todos. Segundo a Associació Catalá do Surf, os diques só serven para eliminar as ondas, retardar a renovación da auga e facer que se acumule sucidade. Sosteñen que, ao contrario do que se poida pensar, "as praias barcelonesas son perfectamente surfeables polo menos 150 días ao ano", explica David Fernández, da citada asociación.

"Construíronse tantos portos deportivos, con espigóns paralelos á praia, que a area non se pode volver situar onde debe. A solución que atopou a Administración é construír espigóns mergullados para matar as ondas", engade.

A marcha, que acabou na praza Sant Jaume, ía precedida dunha pancarta que clamaba contra a destrución do litoral.

Máis info en:

http://plataformasosplatges.blogspot.com/

http://www.lavanguardia.es/premium/edicionimpresa/20090323/53666129013.html

 

Artigos recentes:

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.