Falta un mes para o Rock&Long 2017


Xa falta menos para unha nova edición do Festival Rock&Long 2017 que vai ter lugar na praia de Montalvo, nas Rías Baixas, e no que imos poder ver aos mellores shapers da nosa terra e escoitar grandes bandas de rock no Kannion Bar. O evento arrancará o venres 29 de Setembro ás 19:30 coa presentación do evento e as mangas do campionato e un concerto de rock con Los Lombardi e Santos Morcegos.

O sábado 30 de Setembro terá lugar o comezo da competición ás 9:00 horas. A entrega de premios será ás 20:00 no Kannion Bar acompañdos das bandas Dead Wood e True Mountains. O Domingo 1 de Outubro haberá bautismos de surf para nenos da asociación N.e.en@s, test de pranchas dos shapers presentes no Festival e sesión vermuth con Family Folks.

Prezo da inscripción 20€ con bocata e churrasco e camisola do Festival. Este evento está organizado polo Kannion Bar, Zorlak Surfboards e Concello de Sanxenxo.

Tedes + info e contacto en: https://www.facebook.com/Rocklong-Festival


Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.