Este sábado arranca a Liga de Longboard Ultramarinos na Lanzada

Ultramarinos Longboard Surf

Convocada a primeira proba da Liga de Longboard Ultramarinos na praia da Lanzada este vindeiro sábado 12 de Maio. O evento vai ter lugar no norte da praia, perto do Sanatorio, e ten como principal obxetivo pasalo ben e xuntarnos nun día diferente con bo ambiente e espectáculo.

Tedes tres opcións de inscrición:

  • En Ultramarinos surf shop en Camelias 15 (Vigo)
  • Via mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Ou por whatsapp ao 620541500

Prezo 17€ con bocadillo e camiseta.

As inscricións serán abonadas no mesmo campionato e finalizan o día antes.

Non é necesario ter un nivel de long brutal, é unha liga aberta a todo o mundo que o desexe.

ANIMARVOS!

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.