A dereita do río - Carlos Profile [VIDEO]

Jesús Busto - Foi un bo mes de ondas. Un mes no que houbo ondas para todos os gustos. Grandes. Pequenas. Lentas. Rápidas. Tendidas. Ocas. Moi ocas. Un mes no que só parecen existir dereitas. Polo menos en Doniños.

Cada un vemos as ondas de diferente modo, e repasando as imaxes gravadas que darán lugar a futuros vídeos, as collidas por Carlos diferéncianse moi claramente das de todos os demais. Será porque el cólleas cun longueirón. Será porque non loita pola grande da serie. Porque colle ondas que os demais non pensamos nin remar. E esprémeas até a beira. Ondas que a gran maioría non vemos nin vir. Ao final do baño é o que máis colleu, e véndoo, parece que tamén é o que mellor llo pasou.

Por diante espérannos algúns días sen mar, e todo parece que tras eles a dereita volverá romper. Outra vez a lume de biqueira de xente, e sen parar de lanzar ondas.

Fontes do artigo:

http://vimeo.com/11996583

http://desdelacroa.blogspot.com/2010/05/historias-la-derecha-del-rio.html

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.