Expedición Galega no ETL de Caravia

O sol da mañá obrigaba a todo viaxante a sair da furgo e saudar a primeira xornada da proba do circuito ETL en Caravia coa temperatura propia dun mes de agosto... así comezaba o campionato no que só un longueirón podría resaltar unhas fermosas manobras en ondas que só alcanzaron o cuarto de metro. A destreza de participantes coma Aurelien Meyneux, Alexis Deniel, James Parry e Sam Bleakley, competidores actuais do circuito mundial, situáronos nos primeiros postos respectivamente.

Dani Alvite rematou na 9ª praza - Foto: Sidrisima Lbt

Entre os vintecinco participantes que se presentaron de todo europa, puidemos ver a delegación portuguesa dirixida polo famoso sheaper Luís Bento (Lufi) e os galegos que mostraron unha actitude competitiva que finalizaba no ranking cunha escelente 9ª posición  por parte de Daniel Alvite (Silfocamps, ExxiteSurfboards) e Moncho Borrazas (Lufi Surfboards),  tamén se estrenban no circuito Europeo Antonio Varela (Silfocamps) e Alberto Mouriño (El buén Oasis) que finalizaban nunha 17ª posición.

Vista xeral da praia - Foto: Sidrisima Lbt

É dada a destacar a boa relación coa organización e toda a xente presente, fose de onde fose, nunha agradable velada nocturna a ritmo de música a beira da praia que confundía os sons das espumas do mar co son do burbullar dunha botella de sidra  asturiana.

Os galegos xa planifican a seguinte viaxe de volta a terras asturianas para, desta vez ,comezar o circuito ACL na Praia de la Vega os seguintes 4 e 5 de Xuño,  que abre as portas desta nova tempada na que seguiremos e destacaremos todas as súas accións.

Crónica feita por José Antonio Varela Amado

Fotomontaxe dos participantes - Foto: Sidrisima Lbt

Máis fotos en:

http://www.facebook.com/album.php?aid=226530&id=575964306&page=5


Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.