Campionato Europeo de Longboard en Faro

Segundo informa Dani Alvite, o noso campión galego de tablón, a festa do longboard vai comezar a fin de mes na praia de Faro, no algarve portugues do 31 de outubro ao 2 de novembro.

Despois do éxito que representou a edición de 2007 do Four Oceans, o Algarve será o palco de unha competición máis do Circuito Europeo de Longboard que este ano conta con algúns novos alicientes ademáis da competición.

O forum Algarve Four Oceans 2008 conta para o Campionato Nacional de Longboard constituindo a súa 1ª etapa. A organización conta con a presenza dos mellores surfistas nacionais desta modalidade. No ano pasado, o portugues Miguel Ruivo marcou presenza na final ao lado de nomes como Timothée Creignou, Adam Griffiths e Ben Skinner que foi o campión da Europa 2007.

Desexamoslle toda a sorte nas súas ondas a Dani e que deixe o surfing galego na mellor posición posíbel.

 

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.