Xa está convocado o vindeiro 22 e 23 de Setembro o Patos Longboard Festival. O día 22 haberá un Campionato clásico 100% Noseride Novalbos & Iron Mountain, festa nocturna, expo de pranchas antigas e pelis de surf. O domingo 23 celebrarase unha proba do circuíto galego de Longboard e Paddle surf e un campionato de Longskate.
Seguiremos informando sobre este evento!