Festa rachada na 1ª Quedada Longboard Malpica

Éxito de participantes galegos e asturianus na primeira Quedada Longboard Malpica que reuniu na praia de Canido, na vila mariñeira de Malpica de Bergantiños, a un bo feixe de surfeiros disfrazados de vikingos, paiasos, algunha meiga e ata un home de negocios con traxe e todo. Foi un día de festa e de irmandade entre as comunidades de long de Galiza e Asturies.

A primeira hora da mañá houbo unha sesión libre de long e logo do surf pasaron a comer unha boa paella acompañada de cervexa galega e sidra asturiana.

Malpica's Longboard

Foto de Familia

Román 'Iron Mountain' foi o primeiro en entrar a auga pola tarde e abrir a sesión "oficial" de surfing nunhas ondas mínimas de cuarto metros pero cun día esplendido de sol e boa temperatura. Non había premios nin puntuacións, foi un evento sen animo de competición. O obxetivo principal era dar a coñecer a praia de Malpica e pasar un bo momento entre amigos.

Pola noite houbo festa no Bar Submarino xusto diante da praia, con concerto do grupo Hoochimamas que gustou moito e deleitou aos presentes con bo rock e funky acelerado moi surfeiro. Tamén houbo unha boa churrascada pra cen persoas que levaron o bandullo ben cheo. Queremos destacar a gran presencia de riders de Asturies no evento e que viñeron pra coincidir todos xuntos de novo como no  pasado Festival de Salinas.

Long Malpica

Toni Varela

Todo isto non sería posible sen o gran traballo feito por Mayi e Toni Varela. Grazas!

Debaixo tedes todas as fotos do evento:

{artsexylightbox path="images/stories/Longboard/novas2012/quedada" previewWidth="128" previewHeight="95"}{/artsexylightbox}




Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.