II Clinic de Longboard Ultramarinos

Longboard surf galicia

Aviso a navegantes con embarcacións de 9 pés ou máis, achégase a visita de dous mestres, Ricardo Fdez Palomeque, subcampión de Europa, e Miguel Sampalo Bishop, un dos mellores noseriders do país, os vindeiros días 4 e 5 novembro, e a oportunidade de aprender deles moito, pero moito moito, sobre longboard. Tanto se non tes nin idea de surfear coma se te fas un hangten cos dedos das mans, esta é a túa oportunidade de mellorar. Non te quedes sen praza!!

Tedes + info en:

https://www.facebook.com/events/142994126320610

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com