Xa chega a terceira edición do Clinic de Longboard Ultramarinos, un clinic da man de dous grandes surfeiros Ricardo Palomeque, subcampión de Europa, e Miguel Sampalo Bishop, un dos mellores noseriders do país. Un Clinic é un curso intensivo de aprendizaxe ou perfeccionamento dun deporte e, como tal, imos espremer a fin de semana entre clases e charlas. Da mesma maneira, faremos polo menos dous grupos separados por niveis (iniciación e intermedio, coa posibilidade de engadir un grupo para avanzado/competición).
Ao longo do fin de semana impartiranse:
- Dúas clases na auga de dúas horas de duración separados por niveis.
- Dous baños libres guiados, onde afianzaremos os coñecementos adquiridos na clase da mañá pero de forma máis relaxada.
- Charlas sobre as modalidades do longboard (clásico/moderno), técnicas e manobras.
- Charla sobre táboas impartida por Román Diez, shaper de Iron Mountain.
- Charla sobre quillas impartida por Luismi Diaz de FOAM fins.
Packs e prezos:
PACK BÁSICO 105€
Sábado Clase por niveis
Comida
Baño guiado
Charlas
Domingo Clase por niveis
Baño guiado
PACK INTERMEDIO 130€
Sábado Clase por niveis
Comida
Baño guiado
Cea + concerto en Kannion Surf Bar
Domingo Clase por niveis
Baño guiado
Comida de despedida
PACK COMPLETO
Para os que vides de máis lonxe que necesitedes aloxamento consultarnos mediante mensaxe privada e informarémosvos das opcións dispoñibles e o seu prezo. Mesmo se vides en furgo e queredes coller pensión completa en canto a comidas prepararémosvos o pack que mellor se adapte á vosa viaxe.
Aclarar que os horarios son orientativos xa que ao depender do mar sempre adaptaremos as clases na auga ás mellores condicións. Pola mesma razón, o horario de comezo e luegar de quedada decidirase o xoves 19 segundo as previsións e mareas.
Os que necesitedes un menú especial (vexetarianos, veráns, alérxicos ao gluten) mandarnos unha mensaxe.
Para realizar as reservas indicade no concepto o voso nome e apelidos + Pack elixido cando fagades o ingreso na seguinte conta
Exemplo: Juan López pack básico + ioga
Data límite para realizar as inscricións o xoves 19 de abril ás 14:00
Calquera dúbida ou aclaración non dubidedes en escribirnos ou chamarnos.
620541500
Esperámosvos!