Apresentada a Ultramarinos Longboard League, unha maneira divertida de atoparnos os tabloneiros galegos, trátase dunha liga con tres probas cun formato para todos os públicos onde o de menos vai ser a competición, imos explicarvos por puntos como vai ser o formato: Mangas de 6 persoas de 20 minutos e pasan os 3 primeiros de cada manga, os 3 perdedores pasan á repesca, garantindo a entrada á auga en dúas mangas.
O criterio de puntuación non vai ser ningún, simplemente vai ser algo divertido e que todo o mundo goce dun día de surfing. Permitiranse as saltadas, ondas compartidas, beber cervexa na auga, entrar disfrazado, etc... seremos xustos con aqueles cracks que o fagan incrible polo que puntuaremos ós mais estilosos e ós que tenten desenvolver un longboarding old school, iso si, esperamos que os xuíces estean á altura xa que nalgún caso seredes vós .
Praias:
- A Esquerda de Monteferro (Patos- Nigran) 28/29 de Abril, esquerda de fondo de roca onde se dan cita os longboarders aldeáns, no caso de non ter suficiente mar realizaríase na mesma praia de Patos.
- O Canto (A Lanzada- Ogrobe ) Temos todo o mes para buscar as mellores condicións, O Canto ou Sanatorio esta situada na zona Norte da praia da Lanzada e nos últimos anos converteuse no centro tabloneiro desa zona.
- Montalvo (Sanxenxo) finalizaremos a liga no Pipeline das Rias Baixas, onde finalizaremos no Rock& long, o mellor festival de surf e música das Rías Baixas.
Premios:
- 1,2,3,4 Homes.
- 1,2,3,4 Mulleres.
- Pior Tabloneir@.
- Mellor caída.
- Tabloneir@ máis veterano.
- Taboneir@ máis novo.
Cando comezamos:
A proba máis inmediata é a de Monteferro/Patos do día 28/29 de Abril, a inscripción é de 17 euros, por ese prezo ofrecémosvos BOCADILLO e unha SUPERCAMISETA.
Como inscibirse:
Temos tres opcións de inscrición :
- En Ultramarinos surf shop de cálea Camelias 15 (Vigo)
- Via mail a
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. - Ou por whatsapp ao 620541500
As inscricións serán abonadas no mesmo campionato e finalizan o día antes.
Non é necesario ter un nivel de long brutal, é unha liga aberta a todo o mundo que o desexe.
ANIMARVOS!