Elixo un único pensamento, un son único, unha sensación térmica. Elixo un lugar para quedarme alí observando, escoitando, sentindo o entorno. Elixo estar lonxe de todo, lonxe da xente, lonxe do tempo. Elixo vivir coma unha ave mariña.
Non presciso nada, non paga a pena cargar con cousas inútiles. O lume debe estar sempre prendido e auga próxima a min. A terriña non pertence a ninguén. A terriña é de quen a coida pisándoa cos pes descalzos e sen deixar pisada. Trátase de voltar a esencia máis primitiva e ocupar o lugar o cal se nos foi outorgado. Trátase de ser verdadero, e así ser libre; coma unha ave mariña.
Texto: Toni Varela
Vídeo: Pablo Uriarte