Ranking 2009 Circuito Galego de Longueirón

O resultado do Circuito Galego 2009 de Longueirón foi o seguinte: na primeira posición o rapaz da foto, José A. Varela (SILFOCAMPS) con 2.000 puntos, na segunda praza José Luis Rodríguez Barcala con 1.470 puntos (OESTE SURF), terceiro clasificado Pipo Domínguez  con 860 puntos, cuarto posto pra Roberto "Tanaka" Louro (MATADERO SURF), quinto clasificado Walter Nieto (RASPAS CORCHO CLUBE) e na sexta praza Pablo Rodríguez (TEIRON SURF)

Descargar Ranking 2009 Circuito Galego de Surf e Longueirón


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com