Román Díez - Ao falarmos de surf en Patos sempre falamos do Pico de Patos como unha das mellores ondas, sen nos decatar de que moi preto dela existe outra onda que sen chegar a ser tan boa coma O Pico é un centro de reunión para o longueirón e as pranchas con volume. Esta onda é a Esquerda de Monteferro. Trátase dunha onda cunha baixada boa e unha segunda sección tendidiña, polo que son fundamentais volumes xenerosos nas pranchas.
Mendiola
Porén, se as condicións son óptimas poderás ter un bo baño se os locais che deixan coller algunha onda, xa que é moita xente a que se reúne cando as condicions son boas e eles son os que a collen con xeito, pois para ter un baño divertido tes que coñecer ben a onda.
Os locais se os respetas son moi agradábeis incluso divertidos. Non haberá tensión se ti non a provocas: entre todos estes locais falamos de Kike, Joaquín, Luis Mystic, Luis Kaiser, Miguel, Abraham, Rodrigo, Fernando, Román, David,…, así como algúns outros que pasan de cando en vez como os míticos Mendiola e Gayoso. En definitiva, unha alternativa máis se queres coller un bo baño e soportas ben as masificacións.
Luis "Kaiser"
Kike
Secuencia de Mendiola na procura do tubo
Mendiola
Román
Mendiola no tubo da esquerda
A onda é moi boa
Moitas grazas a Román Díez pola fotos e polo texto deste artigo.