Longboard Longueirón
Campionato de Nemiña - Aprazado unha semana!
Xoves, 10 Maio 2012 01:51

Galegos asociados polo Longueirón ven de sacar un comunicado no Facebook do Campionato de Nemiña pra avisar do cambio de datas da proba para a seguinte fin de semana, días 18 e 19 de Maio.

Este é o comunicado: "Una pena pero con todo el dolor de nuestro corazón aplazamos el campeonato de longboard&sup&logger de este domingo en la playa de Nemiña, las razones, la orientación del mar, que no la vemos totalmente clara para realizar un buen evento.

Ler máis...
 
2ª Proba do CG Open de Longboard e Paddle surf na praia de Nemiña
Venres, 04 Maio 2012 19:32

Este é o cartel do vindeiro evento do Circuíto Galego de Longueirón e Paddle surf que vai ter lugar en Nemiña a mediados deste mes. Xa vos podedes apuntar nesta festa do long galego!

Ler máis...
 
Tardes de nordeste celestial [VIDEO]
Xoves, 26 Abril 2012 17:07

Fermosa sesión de arquivo rescatada polo blog de Esnifa Salitre de longueirón na Costa da Morte de Tono, Javi e Néstor

Ler máis...
 
Novo comunicado de OndaLonga.com
Martes, 10 Abril 2012 00:00

Queremos comunicarvos que Ondalonga Festival 2011 (si 2011), realizarase nos tres últimos meses do 2012. Este inverno non puido ser por 1000 razóns personais dos G.A.L, pero non nos olvidamos xa que temos moitas ganas da segunda edición.

Os inscritos son os mesmos que os do 2011 e aceptamos as novas que nos cheguen a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

Boas Ondas

G.A.L

Ler máis...
 
Crónica dos GAL no Tableru 2012!
Luns, 27 Febreiro 2012 00:00

Xa podedes ler no blog dos G.A.L. a súa crónica das andainas do equipo galego que participou no Tableru 2012. Este evento de longueirón comezou como unha competición amistosa entre cántabros e astures, logo invitaron aos riders de Euskadi como equipo e este ano un equipo galego participou como riders pero sen equipo.

O mellor equipo de long do mundo ;)

Ler máis...
 
Crónica da viaxe a Tenerife de Nestor e Brais
Martes, 21 Febreiro 2012 12:05

Esnifa Salitre publicou unhas fotos e unha crónica da súa viaxe con Brais González a illa de Tenerife. Esta viaxe foi un dos premios da Federación Galega de Surf polo primeiro posto no Circuito de Longboard e Bodyboard respectivamente. Colleron boas ondas e foi unha experiencia inolvidable como podedes ver no seu blog.

Ler máis...
 
Ondalongueando - Jahgo e o Surf
Martes, 20 Decembro 2011 00:00

Velaquí tedes unha pequena mostra das fotos publicadas no blog de Jahgo e o Surf dunha boa e divertida sesión de longueiróns e algún paddle surf na onda do Pedrido que apareceu na nosa costa por mor das grandes borrascas que pasaron preto estes días pasados. Fotos: Arantxa.

Yago Baz no seu longueirón

Ler máis...
 
Resultados Campionato Galaico Luso - Longboard
Luns, 05 Decembro 2011 16:20

Adrián Seoane foi o vencedor na modalidade de longueirón na final do Campionato Galaico Luso 2011.

1º Adrián Seoane
2º Rubén Carrera
3º Jose Luis Barcala
4º Lois Rodríguez

Seguiremos informando..

Ler máis...
 
A película - 3ª proba do Circuito Galego de Longueirón Patos 2011 [VIDEO]
Mércores, 05 Outubro 2011 00:00

Velaquí tedes o primeiro vídeo de Novalbos en Vimeo coas imaxes da proba de Longueirón do Circuito Galego que tivo lugar na praia de Patos o pasado mes. Máis de 30 minutos editados por Chopoloo que fan desta peza un verdadeiro documental do evento.

Ler máis...
 
Ranking Circuito Galego Longboard 2011
Luns, 03 Outubro 2011 00:02

Velaquí tedes o ranking definitivo do Circuito Galego de Longboard 2011 no que Nestor Martínez rematou como campión con 2260 puntos seguido pola mínima por Ruffo Navarro con 2230 e Dani Alvite con 2000 puntos. Este circuito foi dominado completamente polos riders do G.A.L que meteron a 6 membros do seu clube nas dez primeiras posicións.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 13 de 24


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: