Crónica do Campionato ACL "La Rosca"

Velaquí tedes da man de Jose Antonio Varela a crónica da primeira proba de longueirón do circuíto ACL... La Rosca!! Venres noite, chegaron as plumas a praia dada a “loita de galos” entre os rapaces que compoñen a Espicha (hip hop). Unha Jam Session que abriu a noite seguida dun bailoteo amenizado por parte dos DJ´s Pepe e Fidel. Amañece a mañá tranquila con ondas dun cuarto de  metro glass... aumentaría ó longo do dia ata tres cuartos. - Foto: Sidrisima Lbt


O sol quentando tras unha lixeira capa de névoa remataba o dia cunhas pingueiras apropiadas para reunirse baixo o mesmo teito do Snack Bar Vega ós máis de  vintecinco participantes, os seus respectivos acompañantes e xente do lugar a comer unha incrible fabada como so os asturianos saben facer...

As mangas transcorreron de seguido o longo do sábado, nas que os dous compoñentes da GAL alí presentes, Alberto Mouriño(Mou) conseguía meterse en semifinais cunha 7ª posición, Antonio Varela foi eliminado en oitavos na manga que disputaba entre Ricardo Palomeque que finalizaba 1º e campión e Luis Etxeberria que remataba 3º no ranking final. O 2º Imanol Múgica e cuarto Sergio Arretxea.

É de agradecer o traballo, esforzo e atención da organización do Club La Rosca Surf & Skate que repartiu uns incribles agasallos entre os primeiros postos: un longboard clásico, unha bici-choper, un neopreno e  moita roupa...

Lolo e os seus monólogos.. fíxolle partila caixa a tódolos os que alí estabamos, a ritmo de surf & roll dos Kings of Makaha. A festa remataba prontiño para recollerse na zona de acampada, espertar o domingo e atoparse coa cruda realidade ó ver que todo rematara.

Unha moi boa sensación e acolledor recibimento de tódolos nembros do clube da Rosca.

Texto: Jose Antonio Varela Amado

Foto: Sidrisima Lbt


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.