
Xa chega a terceira edición do Clinic de Longboard Ultramarinos, un clinic da man de dous grandes surfeiros Ricardo Palomeque, subcampión de Europa, e Miguel Sampalo Bishop, un dos mellores noseriders do país. Un Clinic é un curso intensivo de aprendizaxe ou perfeccionamento dun deporte e, como tal, imos espremer a fin de semana entre clases e charlas. Da mesma maneira, faremos polo menos dous grupos separados por niveis (iniciación e intermedio, coa posibilidade de engadir un grupo para avanzado/competición). Ao longo do fin de semana impartiranse: - Dúas clases na auga de dúas horas de duración separados por niveis.
- Dous baños libres guiados, onde afianzaremos os coñecementos adquiridos na clase da mañá pero de forma máis relaxada.
- Charlas sobre as modalidades do longboard (clásico/moderno), técnicas e manobras.
- Charla sobre táboas impartida por Román Diez, shaper de Iron Mountain.
- Charla sobre quillas impartida por Luismi Diaz de FOAM fins.
Packs e prezos: PACK BÁSICO 105€
Sábado Clase por niveis Comida Baño guiado Charlas Domingo Clase por niveis Baño guiado PACK INTERMEDIO 130€
Sábado Clase por niveis Comida Baño guiado Cea + concerto en Kannion Surf Bar Domingo Clase por niveis Baño guiado Comida de despedida PACK COMPLETO
Para os que vides de máis lonxe que necesitedes aloxamento consultarnos mediante mensaxe privada e informarémosvos das opcións dispoñibles e o seu prezo. Mesmo se vides en furgo e queredes coller pensión completa en canto a comidas prepararémosvos o pack que mellor se adapte á vosa viaxe. Aclarar que os horarios son orientativos xa que ao depender do mar sempre adaptaremos as clases na auga ás mellores condicións. Pola mesma razón, o horario de comezo e luegar de quedada decidirase o xoves 19 segundo as previsións e mareas. Os que necesitedes un menú especial (vexetarianos, veráns, alérxicos ao gluten) mandarnos unha mensaxe. Para realizar as reservas indicade no concepto o voso nome e apelidos + Pack elixido cando fagades o ingreso na seguinte conta
Exemplo: Juan López pack básico + ioga Data límite para realizar as inscricións o xoves 19 de abril ás 14:00 Calquera dúbida ou aclaración non dubidedes en escribirnos ou chamarnos.
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
620541500 Esperámosvos!
|