Un ano máis chega a festa do longboard galego, nova reunión familiar, estades todos convocados para a fín de semana do 27, 28 e 29 de setembro. Tres dias de festa coas mellores bandas da provincia e moito bo rolo, no Kannion e na praia.
Música: o venres abren o festival unha banda potente Buxa do O Grove e a continuación repiten Mascada que tanto nos gustaron hai dous anos, o sábado como non podia ser doutra forma imos tolear con Thee Blind Crows e a continuación pichada vinílica de Diego da Church Djset, acabamos o domingo en dobre sesión vermouth con Flip Corale e Os Ladridos.
Surf: venres noite presentación no Kannion e elección de praia para o sábado, xa sabeis, Montalvo, Foxos ou A Lanzada onde se dean mellores condicións, domingo baño libre e ás 12.30 todo o mundo para o Kannion para o final de festa, entrega de premios e sorteo das achegas da xente que colabora todos os anos, un longboard de Zorlak Surfboards feito especialmente para o Rock&Long e este ano ademais, aproveitando a conxuntura e que celebramos o 10º Aniversario do Kannion tambien sortearase algunha cosilla conmemorativa .
O máis importante este ano, dedicamos o evento a familia Formosel , visibilizando a súa marca The Surfeiros Piratas, por todo o que nos achegaron estes anos de festival no material pero sobre todo no emocional, gozamos do seu apoio incondicional un ano tras outro. Por iso este ano TODOS IMOS A SER PIRATAS.
O resto xa o sabedes: inscrición para surf 30€ , inclúe bocadillo quente, auga e froita o sábado na praia, churrascada do sábado/noite antes dos concertos no Kannion e camiseta do festi (que este ano esta guapísma). Inscrición para churrascada do sábado/noite no Kannion 15€ inclúe sobremesa caseira e o domingo este ano faremos un arroz con peixes e mariscos para a comida en común antes da entrega de premios e sorteos a 10€, para todo iso necesitamos confirmación previa para poder ter previsión. En todas as comidas en común teremos opcións para veganos e celíacos, aquí ninguén queda fóra.