Co gallo da visita de Clovis Donizetti e outros longboarders a Galicia, organizamos unha sesión de loggin nunha praia salvaxe e solitaria para poder estar entre amigos no medio da natureza. As ondas foron bastante pequenas, pero a habilidade desta xente sobre o longboard fai que calquera ondulación no mar sexa unha pasarela sobre a que manobrar á perfección.
A xornada saíu redonda e Dani Almeida puido aproveitar á sesión dentro da agua coa súa cámara, esperando repetir pronto cos seus amigos unha sesión de surf como esta, pero esta vez surfeando el tamén.