Este sábado pola tarde uns 20 participantes tomaron a saída as seis da tarde pra disputar a primeira proba do Circuíto Beachescolas de Paddle Surf 2012 na praia de Patos na modalidade de 'Race'. Un día de ceo azul con nubes e ventos do sur un pouco fortes que complicaron a proba. O percorrido escollido finalmente foi duns 4.800 metros.
Dende o comezo da proba os dous participantes máis fortes, Coque Araujo e Tono Teixeiro, loitaron polo liderato da carreira mais Coque foi collendo vantaxe e venceu nesta primeira proba do Circuíto con bastante superioridade cun tempo de 25:24 minutos. En mulleres a primeira clasificada foi Marta González 'Waira' que fixo un tempo de 39:31 minutos.
Os participantes preparados para a saída.
Entrando na auga
Comeza a proba!
Este foi o percorrido que tiveron que facer os remeiros pra completar a proba.
Coque e Tono en cabeza
O pelotón
Chegada de Coque á praia
O primeiro que golpea a mesa vence: Coque Araujo
Tono 2º posto. Noraboa!
Excelente organización neste primeiro evento
Algúns entraron de novo na auga pra se divertir despois da carreira.
Noraboa Campións!
Resultados Iª Proba do Circuíto BeachEscolas de Paddle Surf:
Homes:
- Coque Araujo 25:24 - BeachEscolas, FGS
- TonoTeixeiro 28:18 - BeachEscolas, FGS
- Victor Lorenzo 31:00 - Waira, FGS.
- Marcos Vázquez 31:33 - Ensenada de Liméns
- Suso Veiga 32:35 - Waira
Mulleres:
- Marta González 39:31 - Waira
Galería de Fotos:
{artsexylightbox path="images/stories/paddlesurf/2012/patosbeach" previewWidth="190" previewHeight="120"}{/artsexylightbox}