Apresentado o Circuíto Beachescolas de Paddle Surf

PADDLE SURF GALICIA

Este sábado 26 de Maio dará comezo na Praia de Patos (Nigrán) o Circuíto Beachescolas de Paddle Race 2012. O circuíto consta de 7 probas, todas elas puntuables para o Circuíto Galego de Paddle Race da Federación Galega de Surf, e que se celebrarán nas Beachescolas situadas na provincia de Pontevedra co seguinte calendario:

  • 26/05/2012       Patos (Nigrán)
  • 30/06/2012       Praia América (Nigrán)
  • 21/07/2012       Ladeira. Subida Río Miñor (Baiona - Nigrán)
  • 11/08/2012       Madorra-Patos. Volta a Monteferro (Nigrán)
  • 25/08/2012       Bao. Volta a Toralla (Vigo)
  • 15/09/2012       Limens. Bateas (Cangas)
  • 13/10/2012       Funchal-Liméns (Vigo - Cangas)

O prazo de inscrición xa está aberto e podes inscribirte na web www.beachescolas.com, o mesmo sábado na praia, antes das 17:00 horas, ou a través do noso correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. pagando mediante Paypal ou transferencia.

  • Campionato: 1ª Proba do Circuíto Beachescolas de Paddle Race 2012, Praia de Patos
  • Organiza: Beachescolas
  • Colabora: CocaCola, Novagalicia Banco, San Miguel, Concello de Nigrán, Federación Galega de Surf
  • Data: 26 de Maio de 2012
  • Lugar: Praia de Patos, Nigrán, Pontevedra
  • Categorías: Masculina e Feminina, sen límite de idade ou medida de táboa
  • Hora: Peche de inscricións ás 17:00 horas para dar comezo a próbaa
  • Modalidade: Paddleboard Race (Unlimitted)
  • Premios: Trofeos para os 3 primeiros clasificados de cada categoría en cada proba e material para os primeiros clasificados do circuíto: unha táboa de paddle, remos, etc.
  • Prezo: 10 € de inscrición e outros 10 € se necesitas que che prestemos táboa e remo (segundo dispoñibilidade).
  • Licenza: Non é necesaria a licenza federativa da Federación Galega de Surf para competir neste circuíto, pero só os federados puntuarán para o ranking do

Máis info en:

www.beachescolas.com


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.