Tras o parón veraniego para poder competir nos diferentes campionatos que se celebraron fóra de Galicia, incluído o Campionato de España celebrado recentemente, retomamos o Circuíto Beachescolas de Paddlesurf (Circuíto de Paddleboard Race da Federación Galega de Surf) e xa temos todo listo para a cuarta proba que se celebrará na Praia da Ladeira, Concello de Baiona, esta fin de semana.
O percorrido previsto é unha travesía dende a Beachescola de Praia Ladeira entrando na Enseada do Rio Miñor, onde se dará a volta na ponte Romana, para chegar até a meta, na nosa Beachescola da Praia de Ladeira, o que suman pouco máis de 4,35 Km Km, aínda que como sempre, a organización resérvase o dereito de cambiar o trazado se o considera oportuno. Os participantes máis competitivos conseguirán completar o percorrido en ao redor de 30 minutos, mentres que se espera que os que vaian gozar da travesía con máis tranquilidade tarden ao redor dunha hora.
Ás 15:30 horas do sábado pecharanse as inscricións, para facer a reunión de competidores ás 16:00 e dar a saída ás 16:30 horas do sábado 17 de novembro. A entrega de trofeos será no noso centro de Ladeira.
Lembra que esta é a 4ª proba do Circuíto Galego de Paddle Race Beachescolas na Praia de Ladeira (Baiona). O circuíto consta de 5 probas, todas elas puntuables para o Circuíto Galego de Paddle Race Beachescolas que se formará cos participantes federados, e que se celebrarán nas Beachescolas situadas na provincia de Pontevedra co seguinte calendario:
26/05/2012 Patos (Nigrán)
14/07/2012 Praia América (Nigrán)
11/08/2012 P. América-Patos. Volta a Monteferro (Nigrán)
17/11/2012 Ladeira. Río Miñor (Baiona - Nigrán)
01/12/2012 Funchal-Volta a Toralla (Vigo)
29/12/2012 Praia Sta. Marta Limens (Cangas)
O prazo de inscrición xa está aberto e podes inscribirche na web www.beachescolas.com, o mesmo sábado na praia, antes das 16:00 horas, ou a través do correo electrónico
Campionato: 4ª Proba do Circuíto Beachescolas de Paddle Race 2012, ?Praia de Ladeira?.
Organiza: Beachescolas.
Colabora: San Miguel, CocaCola, Novagalicia Banco, Concello de Baiona, Concello de Nigrán, Federación Galega de Surf.
Data: 17 de Novembro de 2012.
Lugar: Praia de Ladeira, Baiona, Pontevedra.
Categorías: Masculina e Feminina, sen límite de idade ou medida de táboa.
Hora: Peche de inscricións ás 15:30 horas, reunión de regatistas e repartición de licras ás 16:00h., saída ás 16:30 horas.
Modalidade: Paddleboard Race (Unlimitted).
Premios: Trofeos para os 3 primeiros clasificados de cada categoría en cada proba e material para os primeiros clasificados do circuíto: unha táboa de paddle, remo, etc.
Prezo: O prezo da inscrición é de 10 Euros. Ademais, se non tes material, nós pomos á túa disposición táboa e remo por 10 ? máis para toda a travesía (segundo dispoñibilidade).
Licenza: non é necesaria a licenza da Federación Galega de Surf para competir neste circuíto, pero só os federados puntuarán para o ranking do Circuíto Galego de Paddle Race, o resto puntuarán só para o Circuíto Beachescolas.
Inscricións: Podes facelo a través da nosa web www.beachescolas.com, ou chamando aos teléfonos 615.138200 ou 986 446060.Poderán realizarse na web no menú reservas, seleccionando Paddlesurf, ou en calquera dos centros Beachescolas, tamén podes inscribirche o mesmo sábado na praia, antes das 15:30 horas.