4ª Proba do Circuíto Beachescolas de Paddle Race 2012 na praia da Ladeira en Baiona

Tras o parón veraniego para poder competir nos diferentes campionatos que se celebraron fóra de Galicia, incluído o Campionato de España celebrado recentemente, retomamos o Circuíto Beachescolas de Paddlesurf (Circuíto de Paddleboard Race da Federación Galega de Surf) e xa temos todo listo para a cuarta proba que se celebrará na Praia da Ladeira, Concello de Baiona, esta fin de semana.

PADDLE SURF GALICIA

O percorrido previsto é unha travesía dende a Beachescola de Praia Ladeira entrando na Enseada do Rio Miñor, onde se dará a volta na ponte Romana, para chegar até a meta, na nosa Beachescola da Praia de Ladeira, o que suman pouco máis de 4,35 Km Km, aínda que como sempre, a organización resérvase o dereito de cambiar o trazado se o considera oportuno. Os participantes máis competitivos conseguirán completar o percorrido en ao redor de 30 minutos, mentres que se espera que os que vaian gozar da travesía con máis tranquilidade tarden ao redor dunha hora.

PADDLE SURF GALICIA


Ás 15:30 horas do sábado pecharanse as inscricións, para facer a reunión de competidores ás 16:00 e dar a saída ás 16:30 horas do sábado 17 de novembro. A entrega de trofeos será no noso centro de Ladeira.

Lembra que esta é a 4ª proba do Circuíto Galego de Paddle Race Beachescolas na Praia de Ladeira (Baiona). O circuíto consta de 5 probas, todas elas puntuables para o Circuíto Galego de Paddle Race Beachescolas que se formará cos participantes federados, e que se celebrarán nas Beachescolas situadas na provincia de Pontevedra co seguinte calendario:

26/05/2012       Patos (Nigrán)
14/07/2012       Praia América (Nigrán)
11/08/2012       P. América-Patos. Volta a Monteferro (Nigrán)
17/11/2012       Ladeira. Río Miñor (Baiona - Nigrán)
01/12/2012       Funchal-Volta a Toralla (Vigo)
29/12/2012       Praia Sta. Marta Limens (Cangas)

O prazo de inscrición xa está aberto e podes inscribirche na web www.beachescolas.com, o mesmo sábado na praia, antes das 16:00 horas, ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. pagando mediante Paypal ou transferencia (consúltanos).

Campionato: 4ª Proba do Circuíto Beachescolas de Paddle Race 2012, ?Praia de Ladeira?.

Organiza: Beachescolas.

Colabora: San Miguel, CocaCola, Novagalicia Banco, Concello de Baiona, Concello de Nigrán, Federación Galega de Surf.

Data: 17 de Novembro de 2012.

Lugar: Praia de Ladeira, Baiona, Pontevedra.

Categorías: Masculina e Feminina, sen límite de idade ou medida de táboa.

Hora: Peche de inscricións ás 15:30 horas, reunión de regatistas e repartición de licras ás 16:00h., saída ás 16:30 horas.

Modalidade: Paddleboard Race (Unlimitted).

Premios: Trofeos para os 3 primeiros clasificados de cada categoría en cada proba e material para os primeiros clasificados do circuíto: unha táboa de paddle, remo, etc.

Prezo: O prezo da inscrición é de 10 Euros. Ademais, se non tes material, nós pomos á túa disposición táboa e remo por 10 ? máis para toda a travesía (segundo dispoñibilidade).

Licenza: non é necesaria a licenza da Federación Galega de Surf para competir neste circuíto, pero só os federados puntuarán para o ranking do Circuíto Galego de Paddle Race, o resto puntuarán só para o Circuíto Beachescolas.

Inscricións: Podes facelo a través da nosa web www.beachescolas.com, ou chamando aos teléfonos 615.138200 ou 986 446060.Poderán realizarse na web no menú reservas, seleccionando Paddlesurf, ou en calquera dos centros Beachescolas, tamén podes inscribirche o mesmo sábado na praia, antes das 15:30 horas.

PADDLE SURF GALICIA

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.