Gony e amigos - Pico de Patos [VIDEO]

O surf do Gony non para de medrar como podedes ver neste novo video gravado polo seu pai Juan Luis Zubizarreta o sábado 15 no pico de Patos no Concello de Nigrán. Todo un recital de tubos e 3sesentas nun pico cheo de amigos e con ondas de 3/4 de metro. No minuto 4:08 tedes un abraiante tres sesenta de espalda no beizo da onda. Tamén tedes unhas fermosas imaxes da esquerda de Monteferro cos seus habituais longueiróns.

Video orixinal: http://www.youtube.com/watch?v=4o4xpYo57YY

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com