Clinic GONYZ Series Patos 2015 - La Conservera del Surf [VIDEO]

Velaquí tedes o resumo do primeiro clínic de surf Gony Zubizarreta Series da 'Academia del Mar'. Un clip feito por Matías Rivas para 'La Conservera del surf' rodado no pasado mes de Decembro no Pico de Patos en Vigo. Os surfeiros protagonistas son: Ángel Pozas, José Imbernon, Ale von Eitzen, Iñaki Arenas e Óscar Prieto.

A súa mensaxe é sinxela: Queremos conservar a esencia do surf desde a nosa experiencia de máis de 25 anos creando unha Academia do Mar sen precedentes. As ondas, as mareas e os ventos son unha prioridade para os diferentes niveis dos alumnps. Facendo fincapé no trato próximo e persoal. A experiencia do surfeiro é fundamental para o goce, e as boas ondas non están sempre no mesmo sitio. Por iso percorrerán España asesorando en diferentes ámbitos e realizando eventos ao longo do ano.

+ info en:

http://laconserveradelsurf.com

https://www.facebook.com/La-Conservera-del-Surf

{fcomments}


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com