A finais de 2014 algúns dos mellores surfeiros internacionais de ondas grandes desprazáronse ata Galicia perseguindo unha marusía que ía golpear a famosa Costa da Morte e producir ondas xigantes. Este grupo de surfeiros estaba liderado por Axi Muniain acompañado por Jerome Sahyoun, Greg Rabejac, Bastien Bonnarme, Pablo Garcia, Indar Unanue, Nic Von rupp, Andrew Cotton e Sebastian Steudtnet.
Este vídeo mostra imaxes inéditas do que pasou ese día grazas ao traballo de gravación e edición de Anxo Fotosplino.