Presentámosvos este novo potente vídeo de Eric Rebiere co seu amigo e piloto João Guedes na esquerda máis tóxica de Galicia, unha das nosas ondas máis perigosas e tubeiras. Despois de varios anos surfeando esta onda complicada e moi técnica, Eric Rebiere consegue mostrarnos o seu gran control nos tubos. Un luxo poder contar con Eric na nosa terra abrindo ondas e dando clases aos novos valores da zona da Coruña e Ferrolterra.
Editado e filmado por Remi Berthet.
Podes seguir a Eric Rebiere en Facebook