Papa Noeis surfeiros en Patos!

Os Papa Noeis congregaron a máis dun centenar de surfeiros que abarrotaron a praia de Patos cos seus traxes vermellos e as súas barbas brancas, iso si con neopreno por baixo, este ano como vén sendo habitual, tamén colaboramos coa doazón dun quilo de comida por surfer cos servizos sociais do Concello de Nigrán.

Como é tradición por estas datas o Patos Surf Club e Novalbos surf shop, co apoio do Concello de Nigrán, inaugurou este nadal cos seus famosos Papa Noeles surferos.. Toda unha marca a nivel europeo que fai desta actividade todo un referente nestas datas tan sinaladas na nosa praia de Patos. Para alegría de todos luciu un sol estupendo e puidemos gozar da nosa actividade favorita con boas ondas e moi bo ambiente. Ao finalizar a sesión de surf todo o mundo que asistiu puido degustar un chocolate quente e uns doces típicos do Nadal para quentar un pouco o corpo.

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.