Grazas ás ondas do temporal Félix que nos visitou a mediados deste mes, apareceron moitas ondas que rompen poucas veces e que precisan das grandes marexadas pra poder ser surfeadas. Neste vídeo tedes unha sesión de surf e bodyboard entre amigos nunha desas praias resgardadas da costa galega.
Un traballo de Dani Masso.