A Mariña Big Session

Algo está a pasar en Galicia e por fin empezamos a ver táboas de surf de máis de 8 pés e surfeiros valentes que entran na auga a  surfear ondas que se coñecen desde hai anos pero poucos buscaban.

Grazas a xente como Tony  butt, Axi Muniain, Ibon Amatriain e outros pioneiros da zona, a semente do surf de ondas grandes na costa de Lugo comeza a medrar e xa podemos contar cun grupo de surfeiros que surfean en compañía desta onda mítica da Mariña lucense.

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com