Algo está a pasar en Galicia e por fin empezamos a ver táboas de surf de máis de 8 pés e surfeiros valentes que entran na auga a surfear ondas que se coñecen desde hai anos pero poucos buscaban.
Grazas a xente como Tony butt, Axi Muniain, Ibon Amatriain e outros pioneiros da zona, a semente do surf de ondas grandes na costa de Lugo comeza a medrar e xa podemos contar cun grupo de surfeiros que surfean en compañía desta onda mítica da Mariña lucense.