Comezamos esta semana publicando unhas potentes fotos de catro galegos que estiveron o mes pasado por Indonesia, os surfeiros de San Ciprián, Nano e o Marciano e os vigueses Julián Yañez "Keima" e David Valladares. Estas fotos foron feitas pola xente do King Millenium e amosan a calidade dunhas ondas que están moi pouco masificadas e son un dos paraísos mundiais do surf.
David Valladares - Free Surfer Galego
Keima en Green Bush
Nano en Keramas (Bali)
Julián Yañez "Keima" en Lombok
Anita de Viveiro, Nano e Marciano na cabaña de Desert Point
Bottom turn de Keima
Segundo nos comentou Julián vía email: "O único chungo foi a despedida co tsunami, aínda que aos do King Millenium, non nos pasou nada.... por sorte.. a noite do tsunam por mor do mal tempo cambiamos o fondeo para a baía de SiKakap, a zona máis resgardada do sur de Mentawai, a máis afectada polo tsunami....e por iso escaparon ilesos.
Onde máis se puido notar a súa forza foi na punta sur das illas de Thunders e Rags onde arrincou as árbores de raíz... en Rags só se salvou unha árbore como podes ver na foto... alí tivemos que rescatar a uns indonesios, estaban moi asustados, que se quedaron toda a noite durmindo subidos a unhas palmeiras. O resort de Macarronis tamén quedou esnaquizado.
Resort de Maccas despois do tsunami
A costa quedou destrozada
Agora a crew do King Millenium dirixíase ás illas Mentawai cargado de sacos de arroz e caixas de auga para axudar ao habitantes da zona.
Os clientes desta última viaxe, uns cantabros de Los Locos e uns asturianos de Salinas quedaron moi contentos coas ondas e coa seguridade demostrada pola tripulación do barco á hora de navegar e elixir os sitios para durmir.
Moitas grazas a Keima polas fotos e o texto!