Comunicado da FGS: En base ás competencias emanadas dos Estatutos da Federación Galega de Surf e da Orde Orde do 8 de Setembro de 2010, publicada no DOG número 174 do xoves, 9 de setembro de 2010, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, polo que se establecen os criterios para a elaboración de regulamentos e realización dos procesos electorais nas Federacións Deportivas Galegas.
Convoco: eleccións dos órganos de goberno, Asemblea Xeral, Presidente e Comisión Delegada da Federación Galega de Surf, con representatividade durante o período 2010 ata o 2014. En consecuencia, dende hoxe ata que finalice o proceso electoral, constitúese á Xunta Electoral da Federación Galega de Surf, que estará integrada polos seguintes membros:
D. David Alfaya Massó
Dª. Lorena Vilán Villamarín
D. Manuel Ángel Gonzalez Pajariño
Asemade, dende hoxe, a Xunta Directiva da FGS queda disolta, contituíndose en Comisión Xestora que non poderá realizar mais que actos de mera administración e trámite.
Jorge Alejandro Araújo Avendaño
Presidente da Federación Galega de Surf
Máis info: