Aberto o prazo para os Cursos de Xuíz de Surf e Director de Competición da FGS

Xa está aberto o prazo de inscripción para o "Curso de Formación e Reciclaxe de Xuíces de Surfing" e "Curso de Formación de Director de competición e operador de sistemas”.

O curso de Xuíz de surf faráse o sábado 15 de Febreiro e ten unha duración de 8 horas e está dirixido a todas as persoas interesadas en adquirir os coñecementos necesario pra xulgar unha proba de surf, longboard, bodyboard e SUP. Con este curso poderás optar a outros novos niveis de formación.

O Curso de Director de competición e operador de sistemas farase o domingo 16 de febrero en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30 horas. Este curso está dirixido a xuíces que queiran avanzar na súa cualificación.

Tedes + info en:

http://fgsurf.org/novas/cursos/528-formacion-jueces-y-director-competicion-2014.html

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com