Presentado o Calendario de Actividades Deportivas da Federación Galega de Surf 2014

O pasado 25 de marzo tivo lugar a 1ª Asamblea Xeral da Federación Galega de Surf e aprobouse finalmente o Calendario Oficial 2014 da FGS de actividades deportivas relativo ao Circuíto Galego de Surf, Longboard, Bodyboard e SUP. Tamén tomaron outras decisións importantes como:

  • Eliminación da categoría Sub-10 no Circuito Galego  infantil e xuvenil de Surf. Esta categoría quedará incorporada dentro do Circuito Interescolas, que será organizado especialmente polas Escolas Oficiáis da FGS.
  • Incorporación da categoría Sub-12 no Circuito Galego infantil e xuvenil de Surf 2014. Según os puntos anteriormente expostos, as categorías oficias do Circuito Infantil e xuvenil de surf serán Sub-12, Sub-14, Sub-16 e Sub-18 masculino e femenino.
  • As categorías inferiores de bodyboard volverán a unirse ao circuito infantil e xuvenil de Surf. Denominandose pois “Circuito infantil e xuvenil de surf e bodyboard”.
  • Cada deportista das categorías infantil e xuvenil, antes do peche de inscrpcion de cada proba, deberá remitir un listado cos técnicos que o acompañarán durante a competición. O listado debe remitirse a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Incorporación da categoría “Logger” para o Circuito open de Longboard 2014. Esta categoría e de carácter non oficial, e decir, no e puntuable para o ranking do Circuito. Para anotarse na categoría “Logger” o competidor debe antes estar anotado na categoría oficial – Open longboard.
  • Prezos inscripcions campeonatos Circuito Galego 2014.

Tedes toda a info en:

http://www.fgsurf.org/novas/comunicados/536-calendario-actividades-deportivas-federacion-galega-de-surf-2014.html

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.