O próximo 30 de abril vai ter lugar na praia de Patos, o primeiro #SurfTalent. Un evento onde se certifica o nivel do deportista. Poden acceder deportistas técnicos e/ou afeccionados que desexen certificar o seu nivel deportivo e obter un grao de evolución deportiva. Para acceder tan só é necesario realizar a inscrición a través do correo talent(arroba)gradosdeevoluciondeportivas.es indicando nome, apelidos e lugar da convocatoria elixida. Non é necesario estar federado nin pertencer a unha escola.
Durante o Talent os deportistas deberán realizar unha serie de probas vinculadas ás esixencias a superar no Grao que elixisen. Un deportista pódese examinar do Grao que considere oportuno e será o tribunal do Talent quen lle realice as observacións e indicacións propias para a obtención do mesmo. A realización dun Talent está suxeita a un número mínimo de participantes, a unha taxa de inscrición e a unhas condicións óptimas para o seu desenvolvemento. Cumprindo estes requisitos o Talent realizarase nas datas establecidas por cada deporte no seu calendario correspondente de Graos.
O diario Marca colabora cos Talent en prol da implantación deste sistema de certificación deportiva global, os Graos de Evolución Deportiva. Estas xornadas, deseñadas principalmente como evento de certificacións deportivas grupais, buscan á súa vez crear un modelo de evento deportivo diferente no que ademais de desempeñar o seu obxectivo principal, consiga crear unha xornada para a captación de talentos e a promoción do deporte e os graos como fío condutor de valores.
Nota adicional: As normas, materiais, horarios e protocolos serán comunicadas coa confirmación de inscrición ao deportista.
+ info en:
http://www.fgsurf.org/novas/cursos/743-galicia-albergara-el-primer-surftalent.html
http://gradosdeevoluciondeportiva.es
{fcomments}