Convocado o Curso de Xuíces de Surf 2016

Curso surf xuiz FGS

A FGS ven de convocar un novo curso de xuices para este mes, este curso de formación desenvolverase en xornada única o  sábado 23 de Abril  en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30 horas nas instalacións do Artsurfcamp na praia de Razo, en Carballo, e está dirixido a persoas afeccionadas ao deporte do surfing que desexen alcanzar os coñecementos para ser xuiz das distintas modalidades; surf, longboard, bodyboard e SUP.

Este título é necesario para realizar funcións de Xuíz nas competicións oficiais da Federación Galega de Surf e a Federación Española de Surf. O curso está impartido por experimentados xuíces da Federación Española e Galega de Surf, recoñecidos polas diferentes organizacións internacionais. O curso é dunha duración mínima de 8 horas de teoría e práctica. A formación compleméntase con asistencia  a un campionato oficial como xuíz alumno (non remunerado). Os alumnos obteñen o título de Xuíz Nivel C (Rexional). Prezo: 60 euros

Número de alumnos: Prazas limitadas a un máximo de 15 alumnos ( minimo 5)

Horario aproximado: 10:00 a 14:00 e 15:30 a 20:00 horas

Titulación obtida: Xuíz Rexional NIVEL C (recoñecida FGS e FES)

Esta titulación capacita ao ou a aspirante para: Organizar e desenvolver adecuadamente o labor de xulgar unha competición rexional de surf, bodyboard, longboard.e Sup.

O curso de Xuíces constará das seguintes fases:

  • Definición de manobras do surf
  • O criterio de juzgamiento
  • Escala de puntuación
  • O panel de xuíces
  • Xulgando Longboard
  • Xulgando Bodyboard
  • Caseta Up Paddle Surf
  • Regras de competición básicas
  • Interferencias
  • Fallos máis comúns
  • Axudas para xulgar e sistemas informáticos

A formación compleméntase con asistencia  a campionatos oficiais FGS como xuíz alumno (non remunerado).

INSCRIPCION ( tramites obrigatorios antes do 20 de Abril inclusive. )

Prezo: 60 €

Tedes toda a info en:

http://fgsurf.org/novas/cursos/742-curso-de-formacion-de-jueces-fgs-2016.html

{fcomments}

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.