Aberta a convocatoría do curso TD1 en Surfing

Xa está aberta unha nova convocatoría na Federación Galega de Surf pra conseguir o título de monitor deportivo TD1 e poder traballar nunha escola de surf oficial. O técnico nivel 1 é unha titulación oficial deportiva que forma ás persoas para ser técnicos deportivos de Surf.

Para obter a titulación débense superar todos os seguintes bloques:

- PROBA DE ACCESO:

Esta proba realizásese o sábado 29 de abril na praia de Razo horario segundo condicións pode modificarse á praia do Orzán / Bastiagueiro (praias da costa de Arteixo, segundo condicións). 50€ (xa incluídos no prezo do curso). En caso de non pasar a proba de acceso devolverase todo o importe restando o prezo da proba de acceso (50€).

Aqueles que superen a proba de acceso, terán que realizar o BLOQUE COMÚN, BLOQUE ESPECIFICO e prácticas:

Estrutura da proba:

Proba de natación: O aspirante realizará un circuíto de 200 metros, coa seguinte orde: 50 metros de carreira pola praia, entrada na auga, natación ata unha aboia situada a 50 metros mar a dentro, regreso nadando, saída polo mesmo punto de entrada e carreira de 50 metros ata a liña de saída.

Proba de Surf: Durante un tempo máximo de 12 minutos o aspirante debe realizar as seguintes accións: entrar á auga, chegar á zona de rompiente, surfear mínimo dúas ondas, e saír da zona de rompiente para chegar de novo á beira.

Criterios de avaliación:

Proba de natación: Realizar o percorrido de 200 metros en menos de 5 minutos.

Proba de Surf: Remar correctamente (sen mostrar desequilibrios). Realizar polo menos dous patos correctamente (pasar as espumas por baixo da superficie) ou esquimotaje (SUP e longboard). Surfear dúas ondas con control e realizar unha manobra básica por onda.

Espazos e equipamentos:

  1. A proba de natación realizarase nun circuíto establecido na praia. Poderase utilizar ou non o traxe de neopreno, en función da temperatura da auga.
  2. A proba de surfing realizarase nunha praia a determinar (en función da localidade e as condicións meteorolóxicas do día da proba): dita praia ha de ser de fondo de area, coas zonas de rompientes e correntes ben diferenciadas e o día da proba ha de haber un mínimo de ondas en condicións surfeables.
  3. As condicións meteorolóxicas debe ser favorables.
  4. Táboa de surfing: surfboard, bodyboard, longboard ou SUP en función do dominio do surfeiro.
  5. Débese levar material propio (de calquera modalidade táboa de surf / bodyboard / longboard / SUP).

- BLOQUE COMÚN. 330 euros.

Realizarase vía en liña a través dunha plataforma ao longo do mes de novembro/decembro. O exame final será presencial en Ourense. O sábado 10 de XUÑO, ás 11.00h.

- BLOQUE ESPECÍFICO. 500 euros (550 para federados noutra comunidade)

Este bloque realizarase no Artsurfcamp, A Coruña os fins de semana de 12 ao 14 de MAIO,  e do 19 ao 21 de MAIO do presente ano.

- As prácticas realizásense nun Club deportivo, recoñecido ou adherido ás federacións autonómicas ou nacional.

Para inscribirse é necesario encher o seguinte formulario de inscrición A data límite para inscribirse será o día 24 de ABRIL. E o día límite para abonar o importe será o día 07 de novembro (ABANCA É08 2080 0567 04 3040003179 ).

Calquera consulta ou dúbida póngase en contacto coa Federación Galega de Surf a través dos e-mails. Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. . Ou por teléfono no noso contacto 986 23 90 95.

Tedes + info en:

http://fgsurf.org/novas/cursos/804-curso-td1-mayo-2017.html

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.