Chus Naverán deixa o seu posto de Director Técnico da FGS

Mediante a presente publicación informamos o cesamento do noso director técnico Jesús María Guerra Naverán do seu cargo, así como de responsable dos diferentes departamentos federativos.

Desde a súa entrada na anterior xunta directiva como seleccionador cunha nova proposta no programa, así como logo dirixindo e coordinando os diferentes matices dos departamentos federativos deu lugar ao que definen o actual proxecto federativo nas formacións, circuítos, selección e outras propostas, proxectos, algúns que chegaron á Asemblea sen poder levar a cabo. Así como a súa achega burocrática e administrativa en canto a relacións coas diferentes administracións e regulacións nos últimos 3 anos.

Jesus María decide apartarse da asociación federativa para centrar as súas enerxías nos seus deportistas así como nos seus proxectos privados. Desde a federación, a presidencia, seleccionador, responsable de competición e regulamento asumirán as súas funcións.

A Federación quere agradecer o labor profesional, desempeño levado a cabo durante todos estes anos e queremos seguir contando con el, na  medida do posible como asesor externo da nosa realidade deportiva e federativa.

Atentamente, o presidente.

Román Diez

Presidente da FGS

Fonte da nova:

http://fgsurf.org/novas/comunicados/806-cese-director-tecnico.html

{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.