Comunicado da FGS sobre o Calendario 2009

Desde a FGS vimos publicado nalgúns medios un calendario de actividades da FGS que non se corresponde co calendario ofical. Devandito calendario non foi facilitado pola FGS xa que o noso calendario oficial aínda non é definitivo, pois falta a confirmación de numerosos clubes para a realización de actividades como campionatos e cursos da Tua Primeira Onda. A FGS está a ultimar as conversacións cos clubs para que haxa unha correcta distribución das actividades e para que os nosos competidores poidan asistir tanto ás nosas probas como ás doutras organizacións como a ASP, etc.

Descoñecemos cal foi a fonte que facilitou devandito calendario, pero en calquera caso foi allea á FGS. A principios da próxima semana esperamos poder facilitarlles o calendario definitivo

FONTE: Federación Galega de Surf

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.