Comunicado urxente da Federación Galega de Surf

A hora de confirmación de inscricións polo técnico do clube será o sábado de 09:00 a 09:30 horas na praia, e ás 10:00 horas aproximadamente dará comezo a competición. No caso dos rapaces  que vaian acompañados dun técnico, deberá ser iste quen confirme as inscripcións. De non ser así, deberá facerse efectico o importe da inscripción ou non se poderá participar na proba.

Recordarvos tamén que segundo o acordado na derradeira Asemblea Xeral , hai novas idades para as categorías

Categoría Xuvenil: Ata o mesmo ano no que cumples 18 anos

Categoría Infantil: Ata o mesmo ano no que cumples 15 anos

O Hotel Sotomayor, situado na C/ Rosalía de Castro, 6, Nigrán (986366101/645829731), ofrécenos as seguintes ofertas para todos os competidores deste evento (os menores de idade deberán ir acompañados dun técnico ou tutor responsable):

·Aloxamento: 17,00 €
·Aloxamento + almorzo: 20,00 €
·Aloxamento + almorzo + cea: 26,00 €

Para máis información, consúltade a nosa páxina web www.fgsurf.com

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.