Convocada a Copa Galicia de surf 2020 - Domingo 29 de Novembro

O Patos Surf Club, a Federación Galega de Surf e o Concello de  Nigran, organizan como cada ano en augas da Praia de Patos o tradicional campionato TROFEO CONCELLO DE  NIGRAN que este ano cumpre 30 anos da súa primeira edición, sendo o campionato máis veterano do circuíto galego, o primeiro organizouse no ano 1990 e desde entón o CLUB PATOS no parou, chegando este ano á 27 edición, polo que se converteu nunha referencia dentro do mundo do surf a nivel nacional, e para os surfeiros galegos a cita obrigada do inverno nas Rías Baixas.

E como colofón nunha das mellores ondas galegas, o pico de Patos, onde se medirán os mellores surfeiros do circuíto galego de surf contra os mellores surfeiros locais, tamén o orgullo de onde se fai mellor surf está en xogo… Entre os favoritos atópase o surfeiro de Pontevedra, Milo Castelo é o que máis veces gañou este campionato, Guille Gómez ou Saúl Carrera, sen esquecer aos locais de patos Borja Malvar, Cristina Iglesias, Jaji Iglesias ou Angel Pozas que tentarán xogar co factor campo xa que se coñecen as ondas do pico de Patos de memoria.

A gran baixa por covid será o surfeiro galego máis internacional GONY  ZUBIZARRETA que confirmaba esta semana a súa asistencia ao campionato, pero unha PCR positiva lévalle a 12 días de confinamento.

Ademais, Neptuno uniuse á festa e mándanos ondas para o domingo. Así que con estas referencias de ondas divertidas e surfeiras de gran nivel e todo gratis, o espectáculo está servido …

O domingo 29 de novembro desde as 12:30 h da mañá empezarase coas primeiras mangas clasificatorias, para chegar ás 17:30 h coas finais de surf masculino e feminino.

Ao terminar o campionato farase a entrega de premios do campionato de Surf e do circuíto en “Patos  Beach House”, coa presenza confirmada das principais autoridades de  Nigran

HORARIO

  • 11:00 h   Confirmación inscricións.
  • 12:00 h   Inicio competición.
  • 17:30 h   Finais
  • 18:00 h   Entrega de premios


Organiza: Patos Surf Club, Concello de Nigrán e Federación Galega de Surf.

Tedes + info na web da FGS:

http://www.fgsurf.org/novas/circuito/967-copa-galicia-de-surf-xxvii-trofeo-.html

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.